Friday 17 de May de 2024

O Concello de Oleiros organiza un novo CAMPANADAL para crianzas durante as vacacións de nadal para favorecer a conciliación


Os nenos e nenas de entre 3 e 11 anos (dous grupos 3-7 anos e 8-11 anos) teñen a posibilidade de participar entre os días 26 e 29 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas nos colexios Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e A Rabadeira de Oleiros. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais, o Concello oferta 50 prazas para esta actividade coa que tamén se procura fomentar os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.

O prazo de preinscrición estará aberto desde o venres día 1 ata o 9 de decembro e poderase facer cubrindo o seguinte formulario de inscrición no seguinte vínculo: https://forms.gle/kEgHs4QuHa563B638. Se houbese máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo público na Fábrica o día 12 de decembro ás 11:30h, no que terán preferencia os participantes empadroados.

Do 13 ao 20 de decembro os participantes con praza terán que formalizar a inscrición preferentemente por correo electrónico dirixido a ensino@oleiros.org enviando o xustificante de pagamento debidamente cumprimentado e aboado.

Máis información na web municipal e no Departamento de Ensino e Xuventude sito no Centro Cultural A Fábrica (Perillo) e no teléfono 981610000 Ext. 4922.